30/11/06

Relación coa humanidade

Diante das novas que chegan a través do telexornal, por fin!!, a respecto do cambio climático, un chanzo máis na crise ambiental mundial, hai que facerse algunhas preguntas:

Que clase de relación estableceron os xa mortos con nós?
Que clase de relación queremos con milleiros de persoas coas que convivimos?
Que clase de relación queremos cos milleiros de persoas que aínda non naceron?

As respostas a estas preguntas son as que marcarán os pasos cara o planeta do futuro. Saber contestalas e saber aplicar eses plantexamentos con acerto permitirá alviscar o futuro da humanidade, ou quizais do planeta?.

Somos menos a un átomo na inmensidade do universo e parécenos, a pesar de Galileo, que todo xira ao redor da nosa cabeza.

28/11/06

Intencións

Podería ser unha declaración ou un manifesto, pero non é máis ca unha intencionalidade.
Hermaco de Mitelene foi un dos sucesores de Epicuro que viviu hai 2200 e pico anos, escribiu sobre as ciencias, contra Platón, e cartas sobre Empédocles. O malo é que non quedou case nada de aquilo que expresou.
Poida que sexa moi pretencioso dicir que este teclado reescribirá a obra deste antigo autor.... ou outra calquera.

Chau