24/01/07

Ecoloxismo ou barbarie

A consigna de Rosa Luxemburgo, Solialismo ou barbarie, lonxe de ficar atrás no tempo, faise actualidade a cada pouco. O proxecto de piscifactoría, en Cabo Touriñan e o seu translado a Portugal, de PESCANOVA traenos a mente unha vez máis a vella consigna comunista por exclusión.

PESCANOVA representa ao empresariado moderno, capitalista ata a médula, neoliberal e depredador, onde todo vale a calqueira prezo, pisando aos demais e pasando do ben común, e por suposto aliado do PP. Este é un comportamento natural de frustración, xa que cando un animal frustrado e violento non é capaz de enfrentarse ao superior, ou ben non consegue derrotalo da unha patada, acadando ao máis próximo, anque sexa o seu compañeiro da ialma.

É hora de non deixar facer o que sexa a calquera prezo. O sr. Manuel Fernández está acostumado a campar as súas anchas e a poñerlle couto ao mar, co diñeiro e recursos públicos e a embolsar no seu peto a cambio de nada. A súa chulería fai que poida deslocalizar dun plumazo unha emrpesa enganando aos parvos, coma aos indios coas contas de colar de vidro.

A tépeda medida protectora da rede Natura 2000, insuficiente a todas luces, parece que está a ser unha boa ferramenta de contención do capitalismo depredador, unha ferramenta de mantemento da socialización dos bens públicos a conservar. Case poderiamos dicir ECOLOXISMO ou barbarie, desvirtuando a consigna da Rosa.

Sem comentários: