11/03/07

revolución dos feitos

Máis ca revolución das ideas deberiamos estar falando da revolución dos feitos, xa dixo Marx no su momento, aquilo de que os flósofos falaran e escribiran moito da transformación do mundo, agora compría actuar para transformalo, polo que xa non ten sentido falar e falar de cómo facelo, HAI que facelo.

Quen se apunta?. A listaxe de revolucionari@s está en voluntariosolidario punto com, para que poida estar cuberto polo seguro de responsabilidade civil e danos a terceiros.

Crise e avance social

O Día Internacional da Muller reabre os debates, xustos e necesarios, sobre a desigualdade. Nestes conclúese o tépedo avance que se está a dar neste campo, moitas veces formal, frente á inmobilidade do funcionamento social, baseado en cuestións estructurais que impiden un proceso que leve a unha igualdade real.
Se volvemos a vista a trás e facemos unha análise da evolución social, e tamén da emancipación da muller, observamos que os grandes cambios social, e polo tanto, liberadores dos dereitos femininos, estiveron asociados a grandes crises, grandes cambios que mesmo propiciaron momentos convulsos da historia, epro onde depois todo volve ao rego e a mulelr, logo de avanzar deez pasos, retrocede nove.
Vemos acaso unha crise futura que poida mudar novamente a sociedade cara a un mundo máis xusto?. Temos apenas algún indicio de momentos próximos que procuren un cambio radical do consumismo, da destrucción ambiental, da liberación social ou da emancipación da muller?.
Sinto parecer pesimista, diante desta cuestión, pero ou propiciamos esta situación ou o avance tornarase en retroceso.
malos tempos para a revolución, tan só das ideas.