Homaxe a POPE e a tod@s os que co seu esforzo fixeron que fóra máis ca un soño.
Descubrino entre as ondas, case imperceptible, a súa bandeira ladeaba como proba da súa debilidade e tristura, desexei por un instante non telo visto, non telo atopado, non telo nin sequera soñado, desexei que estivera lonxe, alá, máis alá das illas, e acompañado dos seus, pero pechei tres veces os ollos e alí estaba, tan preto que podía tocalo.
Nun intre a súa proa, a súa breve e delicada proa varou contra os mexilóns tratando de empurrar todo o pantalán coa súa propulsión de titán, pero a penas podía afastar o argazo que ondeaba á par do cantil.
Nese intre, nese escaso segundo pensei nas sereas, naquelas sereas helénicas que atopou Ulises, que cos seus cantos enganaban aos navegantes, nas sereas autodestructivas que te atraían cara a sí para morrer, para morrer un pouco cada día. E non puiden resistirme, non tiña mastro para me agarrar, para atar os meus pulsos en previsión de perderme nos meus propios pasos, en previsión de pechar os ollos e deixarme soñar, en berrar o seu nome como cervo ferido, e abandonei todo para correr cara alí. Sen pensalo, sen protección, sen dúbidas. Nun instante collín o seu cativo corpo cunha man e sentín que o poder do mar me transformaba, sentín a profanación da semente do deus Lear, sentín que o mar todo me levaba atrapado nunha onda, sentín todos os chíos das gaivotas pechados aquel silencio.
Un xoguetiño, un pequeno trebello autoxiro, unha maqueta do que puido ter sido, un garabullo mariño, pero vivo, unha cousa insignificante que pechaba dentro de si un océano de sensacións, un canto do que xa non poderiamos sair mentres que non rompera, polo menos mentres que non rompera de todo.
E metinme no mar, metinme coma homaxe a vida, como sacrificio de esforzo regalado, como volver as augas nais na percura dalgún perdón. Metinme con apenas o mínimo para sobrevivir nas augas frías, nas augas suxas e denegridas, metine apenas embutido nunha fina esperanza de algo imposible.
Os meus compañeiros entregáronme o presente, un trofeo roto, un agasallo maldito que clamaba por min ao ceo, polas augas, por vivir. Se houber foto parecería que agardaba este obxecto por ter nadado un mundo por ter tragado millas ou por ter superado algunha proba imposible, pero non, só quería collelo coas miñas mans como entre algodóns, collelo e metelo cun caldo orixinario, no seu mundo e na súa dimensión apropiada, e así o fixen. Pedinlle permiso para guialo, para poñer a man no seu breve peito e impedir que escorara, o xoguetiño, o meu xoguetiño roto por un intre, alí tan afastado de todo e agardando que viñera, que viñera un raio de cordura para dicir o apropiado, para facer o definitivo, e non chegaba.
Nada pequeniño nada, nada ata levarnos ao océano, alí onde as augas bravas só deixan vivir ou morrer, e se hei de morrer quero que sexa contigo, agora que me encantaches cos teus cantos de serea. E así pasaron os instantes, en silencio, a penas o rozar das moléculas de auga e sal se deixaron oir entre o balbordo daquela galerna interior que me asoballaba. Tanta indecisión, tan poucas posibilidades, tan pouco que facer diante do mundo que se ven abaixo, e os segundos que se converteron en séculos, e os minutos en milenios, e as horas na eternidade, e o sentir na nada.
Nada, nada ou detente, para, que eu te levo varado no meu peito e que o ceo nos ilumine ou nos ignore nun azul permanente. Nada xoguetiño, nada e deixame facerche sentir compaña nun momento de soidade. Nada, nada e non penses. Nada, nada e aproveita os séculos dun tempo que non sabes medir e que se detivo para ti no corpo da túa nai. Nada, nada lonxe dos perigos e dos cantís ameazantes. Nada aquí entre nós, sobre a miña man, que non teño outra cousa que ofrecerche, a man e o un oco valeiro no meu tempo. Nada e se podes nada lonxe, acelera e fuxe, catapúltate e chega dun salto máis alá das Síes. Nada, mergúllate, colle aire, colle o aire necesario para vivir, sempre o último e nunca o derradeiro. Nada, nada, nada, vai e volve que eu agardo, agardarei por ti o tempo que faga falla, para te volver poñer a man a ras da superficie, e que o teu peito vare nunha man amiga.
Pero cando pechaba os ollos apenas vía máis ca un xoguetiño roto, roto pola vida que non deu sorte, roto polo océano que é cruel cos sus máis queridos porque non ten corazón, non ten deus, non ten máis ca auga, augas bravas e libres nas que todos somos prisioneiros.
O frío atoraba o meu corpo comezando polos pes pero nin o sentía, todos os meus sentementos estaban na miña man, aquela man que me fixo ser o que son, aquela que buscou a nai, a amizade, a femia, aquela que sempre me acompaña, aquela que é capaz de sentilo todo e nada. A man, mil sensacións e sentimentos, un USB entre dúas máquinas, un billón de receptores en pouca superficiede de pel, cada roce, cada movemento transformábase nun volcán, nun tornado, nunha galerna apocalíptica, a cada roce do seu corpo era como se unha balea me aplastara o lombo, e o que trataba de transmitir en código morse non identificado eran as emocións acumuladas no itsmo do pulso, todas alí apelotonadas agardando paso cara as xemas da punta dos dedos. Naquel intre era o noso nexo, a nosa unión, a nosa comunicación, o que podías sentir de min, o teu soporte a túa salvación temporal e provisional, o pouco que o océano che deixaba, meu xoguetiño roto.
E o aire non chegaba, non era suficiente para tragar ata os pulmóns, por iso eu non respiraba, aguantaba todo o que podía para non consumirche a vida, para darche cada átomo de osíxeno e con el tratar de compoñer as túas roturas, xoguetiño.
E chegou a luz, chegou unha esperanza, un ánimo que baixaba polo pantalán coma un tren, traqueteando a cada táboa, traendo a paz aos corpos e a nova dunha ilusión, así o sabiamos todos, que non era máis ca unha ilusión de arranxar un xoguetiño roto sen ferramentas, sen banco, sen macho, sen bijorna, sen ferreiro, e oímos outro canto de serea, o que queriamos oir.
Por iso collémoste con agarimo, tratamos de seguirte a cada paso, quixemos convencerte de que así sería, e ti sabías que non, que o océano dixera todo está perdido, o final está aí, a porta está pechada, mírao diante de ti, e ti pechaches os ollos, eses olliños cativos de mirar imperceptible, no que apenas distinguías as sombras do sol, e os pechaches buscando un ventre amable que che dera a vida, nadando cara adiante coa cabeza fóra e preguntándote onde e por que, resistíndote a desfalecer entre as ondas da maruxía, escapando dun mar do que non se pode escapar porque todo o sabe, entonando os cantos das sereas, das nereidas e de todos os sseres mariños que figuran na enciclopedia délfica por ver se alguén se apiadaba de ti, e o conseguiches, conseguiches engaiolar a uns tontos que todo o oen, que pensan que teñen a chave do mundo, que a penas si saben manterse eles a flote e que non teñen máis unha man onde repousar o cansanzo de mil mareas perdidas.
E collémoste, xoguetiño. As túas pezas tringuineaban soltas no teu interior, pero eran tales as túas ganas de vivir que ata o engranaxe máis desencaixado xiraba só, encaixaba noutros engranaxes imaxinarios e estes noutros, e así mil veces, para facerte nadar, e así caímos na tentación de facerte vivir, coas túas ganas e as nosas ilusións.
E ti tamén estabas alí, engaiolad@ cos nosos cantos de sereas repetitivos, créndoos os transmitimos, e así mil veces repetidos ata facelos verdade. A penas cun canuto fixemos unha pirámide, unha pirámide bonita de persoas entregadas, unha pirámide de mel que atraía a mil moscas, moscóns, avellóns aguilloados, e a ti, coa túa esperanza compartida.
As mans, sempre as mans, eran o contacto, un contacto rexeitado porque non mar non hai amigos descoñecidos, pero necesario por ter un corpo quente a onde arrimar, e viñas, xoguetiño roto, a te arranxar a xunto dunha man anónima, que coa súa punta dos dedos revitalizaba o teu corpo, roto. Hora tras hora celebrabamos o triunfo, o tiunfo da vida sobre o mar, a perversión do alongamento da vida máis alá da morte, o esforzo de que respiraras unha vez máis, a fractura cos designios do Lear, o desgarro desde pretendido destino que nos impoñen, a libertade de facer o que cremos facer, o convencemento de que temos a razón do noso lado, sen contar que nas nosas mans, xoguetiño tiñamos un xoguetiño roto, moi roto, tanto que se desfacía a cada tacto.
E así pasaron as horas e horas, entre el, ti, eles, nós, elas, aqueles, os outros, as demáis, o dono, a responsable, o móbil, as galletas, os turnos, as notas, os pesados, as chaves, tantas cousas deseguido que ti, xoguetiño, apenas eras unha boia na esquina da pisicina.
Horas bonitas e boas novas polo teléfono, turno tras turno convertemos unha rutina o excepcional, o raro, o inusual, como transfomar a subversión em institución, como retomar em cotián a revolución, como publicar no telexornal unha cita clandestina. A excepción converteuse em norma, pero unha rutina inestable baseada nun repisrar entrecortado.
E chegou o final, afortunadamente tranquilo, despois do circo, do festival de alegría, da metedura de pata ata mollala, cansaches e pediches tempo para deixarnos. Xoguetiño, seguías roto, quizais máis ca onte, e pensamos que te arranxaramos un algo. Quixeramonos enganarnos por quererte tanto e deixámonos arolar polo vaivén do teu canto de serea, que cada vez soaba máis baixiño. Irme deixando, nos dicías a cada pouco, irme deixando que agora vai, e non te entendín, pensei que dicías, agarda un intre que despois como. E deixámoste, sen parar de mirar as túas evolucións no teu océno particular con catro esquinas. E fuches mirando unha por unha, tratando de saber por qué é tan importante unha esquina na arquitectura humana, por qué os romanos nos obrigaron aos galegos a facer casas cadradas se os castros redondos son tan xeitosos, por qué che introducimos un teorema tan complexo, na túa clase de aprender, se aínda non sabías nin os nomes dos peixes. E así sen resolver o acertixo dixeches que non, que non era posible comprender esa estructura inexistente no mar aberto. E estudaches a parede, cada unha das catro, e preguntaches, o meu xoguetiño, pero roto, como é que non se pode atravesar o azul, se no mar non hai muros, dubidaches de ter aceptado a man porque, se non explica estes engimas, como se pode chamar amiga?. E ollaches para arriba, como tratando de ver as sombras que te arrodeaban buscando... buscándome?, non o creo, a penas tratando de chegar a última molécula de O2 que te consumiamos ao falar en alto.
E fallou o engranaxe T89776-(9Y) que activa a promoción neuronal, provocando unha reacción fulminante e mortífera en poucos minutos. O océano ríase da súa perfección, Lear no fondo do abismo abanaba coa cabeza con gracia, e eu acudíache sen éxito, só para darche unha vez máis a man, a vida se puidera, pero non a colleches, xa non. Fóra da auga, nunha dimensión descoñecida unha vez máis, Ana acariñaba o teu corpo, roto, moi roto, tratando de facer o imposible, máis ca o imposible, pero xa non para chamarte á vida, senón para deixarte en tranquilidade. A cada chamada, a cada consulta a cada berro de impotencia consumía máis osíxeno e ti menos, ti menos, ti...menos.....como te rompeches xoguetiño?, como te deixaron romper?, maldigo á nai que te pariu por tanta crueldade, ou a bendigo por terte deixado aquí, non sei, tanta confusión nun intre tan breve. E te vas, e te rompes de todo, e te destrúes na miña man, a mesma de sempre, sen retorno, se puidera parar o tempo, pero agora é xa demasiado tarde.
Chao xoguetiño, chao, vaite, vaite pronto, agora non pares, xoguetiño, meu xoguetiño roto que te rompeches de todo. Todo o que nos deixaches quedará para outro xoguete que apareza, daquela, a ver se somos quen de conseguilo arranxar.

2 comentários:
E malia setirnos derrotados, debemos continuar avanzando, pois esa é a única forma de construír o futuro. Haberá novos obstáculos, novas oportunidades e a seguridade dun momento para ser celebrado.
O autoxiro mola moito
Enviar um comentário