12/12/06

Herba mala tamén morre

Oe oe oe oe!, que ven que se vai Pinoché.
Sentementos encontrados entre os desexos de que desapareza da realidade e entre os que lamentan a súa marcha por non ter cumprido diante da xustiza.
Ogallá sexa condeado aínda en ausencia por tanta dor causada. As lembranzas do presidente Allende e do músico Victor Jara nos fan presente a todos e cada un/unha d@s represaliad@s, mort@s e desaparecid@s que non coñecemos.

09/12/06

Pasos do lobo na neve


De paso, e sen querelo, atopo na neve a impronta dun ser poderoso que compartiu coa humanidade, hai moitos milleiros de anos, a súa cultura ecolóxica. Hoxe é un proscrito, un ser repugnante que arrepía os pelos nada máis pensar nel. O lobo. Daquela, as pegadas humanas na neve serían seguidas polos lobos, unas veces, ou tamén as pegadas dos lobos eran seguidas polas hordas humanas, outras, nunha simbiose que nos levou a compartir cultura social, a cova e o calor do lume. Ogallá poidamos volver como mínimo ao respecto pola nosa sabiduría.
Sepáranos o que para uns é un amigo e para outros un traidos, o can. Mais este non debería ser impedimento para a comprensión mútua, ao contrario, a traveso dos cans podemos comprender e mesmo ensinar dun xeito didáctico a sociedade a achegarse ao mundo salvaxe do lobo, que representa a súa/nosa liberdade e natureza.

01/12/06

A dualidade da natureza e a humanidade

Humanidade, ser humano, e natureza son a mesma cousa, forman parte dun todo. Esta afirmación, propia da moderna ecoloxía profunda, é considerada idealista (propia de poetas e filósofos pero non práctica), a pesar de que Marx xa e establecía dentro dos seus plantexamentos materialistas:

O home (humanidade no seu coxunto) vive da natureza, é dicir: a natureza é o seu corpo, e debe manter un diálogo contínuo com ela, do contrario morrerá. Dicir que a súa vida mental e física está vinculada á natureza simplemente significa que a natureza está vinculada a sí mesma, posto que é parte da natureza. Marx, (Early writings. En Bellamy J. 2000. La ecología de Marx. Ed. de intervención cultural/El viejo topo.).

É por isto que a propia existencia física, base do materialismo, inclúe indefectiblemente o ambiente e o seu contido, humanidade incluída, nun todo planetario. O urbanismo e a cultura burguesa occidental propiciaron a dualidade entre mente e corpo que se tansladou ás expresións humanas (ciencia e arte, bioloxía e psicoloxía, etc.) pero tamén entre ruralidade e urbanismo, en definitiva entre natureza e natureza humana. Esa disociación permitiu o desenvolvemento da cultura humana a costa da destrucción indolora da natureza, a explotación sen ter conta do custe. Estes criterios foron asumidos dende vello pola maior parte das relixións, nomeadamente o cristianismo, e mesmo polo humanismo kantiano.

A comprensión da crise ambiental pasa previamente por unir esa división, tan ferreamente separada, entre natureza e humanidade, só dese xeito calquera dano ambiental pode chegar a doer como unha ferida no propio corpo.

30/11/06

Relación coa humanidade

Diante das novas que chegan a través do telexornal, por fin!!, a respecto do cambio climático, un chanzo máis na crise ambiental mundial, hai que facerse algunhas preguntas:

Que clase de relación estableceron os xa mortos con nós?
Que clase de relación queremos con milleiros de persoas coas que convivimos?
Que clase de relación queremos cos milleiros de persoas que aínda non naceron?

As respostas a estas preguntas son as que marcarán os pasos cara o planeta do futuro. Saber contestalas e saber aplicar eses plantexamentos con acerto permitirá alviscar o futuro da humanidade, ou quizais do planeta?.

Somos menos a un átomo na inmensidade do universo e parécenos, a pesar de Galileo, que todo xira ao redor da nosa cabeza.

28/11/06

Intencións

Podería ser unha declaración ou un manifesto, pero non é máis ca unha intencionalidade.
Hermaco de Mitelene foi un dos sucesores de Epicuro que viviu hai 2200 e pico anos, escribiu sobre as ciencias, contra Platón, e cartas sobre Empédocles. O malo é que non quedou case nada de aquilo que expresou.
Poida que sexa moi pretencioso dicir que este teclado reescribirá a obra deste antigo autor.... ou outra calquera.

Chau