01/12/06

A dualidade da natureza e a humanidade

Humanidade, ser humano, e natureza son a mesma cousa, forman parte dun todo. Esta afirmación, propia da moderna ecoloxía profunda, é considerada idealista (propia de poetas e filósofos pero non práctica), a pesar de que Marx xa e establecía dentro dos seus plantexamentos materialistas:

O home (humanidade no seu coxunto) vive da natureza, é dicir: a natureza é o seu corpo, e debe manter un diálogo contínuo com ela, do contrario morrerá. Dicir que a súa vida mental e física está vinculada á natureza simplemente significa que a natureza está vinculada a sí mesma, posto que é parte da natureza. Marx, (Early writings. En Bellamy J. 2000. La ecología de Marx. Ed. de intervención cultural/El viejo topo.).

É por isto que a propia existencia física, base do materialismo, inclúe indefectiblemente o ambiente e o seu contido, humanidade incluída, nun todo planetario. O urbanismo e a cultura burguesa occidental propiciaron a dualidade entre mente e corpo que se tansladou ás expresións humanas (ciencia e arte, bioloxía e psicoloxía, etc.) pero tamén entre ruralidade e urbanismo, en definitiva entre natureza e natureza humana. Esa disociación permitiu o desenvolvemento da cultura humana a costa da destrucción indolora da natureza, a explotación sen ter conta do custe. Estes criterios foron asumidos dende vello pola maior parte das relixións, nomeadamente o cristianismo, e mesmo polo humanismo kantiano.

A comprensión da crise ambiental pasa previamente por unir esa división, tan ferreamente separada, entre natureza e humanidade, só dese xeito calquera dano ambiental pode chegar a doer como unha ferida no propio corpo.

Sem comentários: